EtchDroid é unha aplicación de código aberto que che axuda a gravar imaxes en unidades USB.
Úsaa para crear unha unidade USB de arranque cun sistema operativo cando o teu portátil non funciona.

⭐️ Dispositivos compatibles ⭐️

✅ Unidades flash USB
✅ Adaptadores USB para tarxetas SD
❌ Discos duros / SSD USB
❌ Bases e concentradores USB
❌ Rañura interna para tarxetas SD
❌ Unidades ópticas ou de disquete
❌ Dispositivos só Thunderbolt


⭐️ Tipos de imaxe de disco compatibles ⭐️

✅ Imaxes modernas de sistemas operativos GNU/Linux, incluíndo Arch Linux, Ubuntu, Debian, Fedora, pop!_OS, Linux Mint, FreeBSD, BlissOS e moitas máis
✅ Imaxes de tarxeta SD para Raspberry PI (pero primeiro tes que descomprimilas!)
❌ ISO oficiais de Microsoft Windows
⚠️ Imaxes de Windows creadas pola comunidade para EtchDroid (ten coidado: poden conter virus!)
❌ Imaxes de disco DMG de Apple
❌ Imaxes antigas de SO GNU/Linux anteriores a 2010, como Damn Small Linux


O código fonte está en GitHub: https://github.com/EtchDroid/EtchDroid
